A
OCA DA EDUCACIÓN FÍSICA
NA CASA!
Colle un dado e a xogar:
1. Por riba dunha corda tes que camiñar, cara a adiante e cara a atrás.
2. 10 botes coa man dereita tes que
dar.
3. En equilibrio, sobre un pé, ata 5 tes que aguantar.
4. 10 saltos ao pé manco tes que dar.
5. Se caes no pozo, na casiña de saída
debes comezar.
6. A croqueta 4 voltas tes que dar.
7. O tambor por todo o corredor tes
que tocar.
8. Xirar e xirar e 3 voltas tes que
dar.
9. A
3 animais tes que imitar.
10. 10 saltos cos pés xuntos tes que
dar.
11. Como os soldados vas desfilar, a coordinación
ben tes que levar.
12. 10
botes coa man esquerda tes que dar.
13. Pozo: se caes no pozo na casiña
número 6 debes continuar.
14. A corda ao redor das pernas tes
que enrolar.
15. Durante un intre tes que bailar
(se es de 1º de EP a Danza dos 7 saltos)
16. Tes que reptar por todo o cuarto.
17. 3
obstáculos tes que saltar.
18. A alguén da túa familia tes que
imitar.
19. Gatear cara a adiante e cara a atrás.
20. Para poder saír da cárcere unha
proba tes que superar, que cha poña algún familiar.
21. Por toda a casa tes que correr sen
nada romper.
22. PARABÉNS!!! FINALIZACHES A OCA DE EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario