martes, 31 de marzo de 2020

O OCA DA EDUCACIÓN FÍSICA







A OCA DA EDUCACIÓN FÍSICA
NA CASA!

Colle un dado e a xogar:

1.  Por riba dunha corda  tes que camiñar, cara a adiante e cara a atrás.
2. 10 botes coa man dereita tes que dar.
3. En equilibrio, sobre un  pé, ata 5 tes que aguantar. 
4. 10 saltos ao pé manco tes que dar.
5. Se caes no pozo, na casiña de saída debes comezar.
6. A croqueta 4 voltas tes que dar.
7. O tambor por todo o corredor tes que tocar.
8. Xirar e xirar e 3 voltas tes que dar.
9. A  3 animais tes que imitar.
10. 10 saltos cos pés xuntos tes que dar.
11. Como os soldados vas desfilar, a coordinación ben tes que levar.
12. 10 botes coa man esquerda tes que dar.
13. Pozo: se caes no pozo na casiña número 6 debes continuar.
14. A corda ao redor das pernas tes que enrolar.
15. Durante un intre tes que bailar (se es de 1º de EP a Danza dos 7 saltos)
16. Tes que reptar por todo o cuarto.
17. 3  obstáculos tes que saltar.
18. A alguén da túa familia tes que imitar.
19. Gatear cara a adiante e cara a atrás.
20. Para poder saír da cárcere unha proba tes que superar, que cha poña algún familiar.
21. Por toda a casa tes que correr sen nada romper.

22. PARABÉNS!!!  FINALIZACHES A OCA DE EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA!

lunes, 30 de marzo de 2020

jueves, 26 de marzo de 2020

1º E.P. SESIÓN 4




DESPRAZAMENTOS

Repite todos estes desprazamentos que xa coñeces:
Gabear: cara a adiante e cara a atrás
Reptar: como as serpes
Sentado: cara a adiante e cara a atrás
Soldado:


Tambor

Pé manco

 
                        









XOGOS DE COORDINACIÓN MANEXANDO OBXECTOS

Cunha pelota de tenis ou similar (facer unha pelota con papeis por exemplo):
1.     Autolanzamentos : lanzar e coller a pelota coa mesma man, primeiro coa dereita e despois coa esquerda

2.    Dar voltas coa pelota, ao redor de distintas partes do corpo, pasándoa  dunha man a outra, como facemos na clase:
           ao redor dos nocellos
           ao redor dos xeonllos
           ao redor da cadeira
           ao redor da cintura
           ao redor do peito
           ao redor da cabeza
     sen que nos caia ao chan

3.    Lanza unha pelota coa man por debaixo dunha perna e cóllea coa outra, hai que levantar un pouco a perna para lanzar a pelota por debaixo da mesma e facelo primeiro cunha man e despois coa outra. Se conseguimos facelo varias veces seguidas sería xenial.

4.    Lanza a pelota polas costas cunha man e  recóllea coa outra, por un lado e polo outro. Se conseguimos facelo varias veces seguidas sería xenial.

XOGO DE EXPRESIÓN CORPORAL

    Nos desprazamos polo espazo imitando aos seguintes animais con movementos e sons:
           Aguia
           Canguro
           Elefante
 Cabalo
 Gato
 Ra
 Mono
 Cangrexo
 Crocodilo
 Volvoreta



EXERCICIOS RESPIRATORIOS
A respiración do leopardo
Indicarémoslles aos pequenos e ás pequenas que se poñan no chan a catro patas coma se fosen un leopardo.
Agora deben coller aire polo nariz, notando como se incha o abdome e descende a columna vertebral.
Agora deben exhalar pola boca percibindo á súa vez como se baleira o abdome e as costas elévase un pouquiño.








EDUCACIÓN INFANTIL



PSICOMOTRICIDADE 3

DESPRAZAMENTOS
-Camiñar sobre as puntas dos pés
-Camiñar sobre os talóns dos pés
-Desprazarse saltando cos pés xuntos.
-Desprazarse co pé manco, primeiro cunha perna e despois, cando me canso, coa outra.
( sería bo repetir os desprazamentos das sesións anteriores: gabear, reptar, o tambor...)

LANZAMENTOS:
Podemos utilizar pelotas pequenas, unha para cada man, se non temos poden ser de papel. O tamaño axeitado sería o dunha pelota que agarran ben cunha soa man. Realizar os lanzamentos coas DÚAS MANS, DEREITA E ESQUERDA:
-autolanzamentos: lanzar e recoller a pelota coa mesma man, 1º a dereita e despois esquerda
-lanzar varias veces a pelota a un obxecto situado no chan(pode ser encestar nun cubo), 1º coa dereita e despois coa esquerda
-lanzar varias veces a pelota a un obxecto situado na parede(pode ser a unha andel situada a altura dos ombreiros), 1º coa dereita e despois coa esquerda
-lanzar varias veces a pelota ata tocar o teito, primeiro coa dereita e despois coa esquerda e intentamos collela coas dúas mans.

HABILIDADE MANUAL
Enredar unha corda ou similar:
           ao redor dun brazo primeiro, e despois do outro.
           sentados, ao redor dunha perna e despois da outra.
           ao redor das dúas pernas xuntas
           ao redor da corpo, pola cintura
           ao redor dun obxecto, coma o pau dunha escoba, a pata dunha mesa...

RESPIRACIÓN
Inchar un globo:
Agora explicarémoslles que o xogo consiste en inchar un globo invisible, un globo de cores que debe ser moi moi grande.
Para iso, deben coller aire polo nariz e despois exhalalo imaxinando como se incha e como se vai facendo cada vez máis grande.

Neste exercicio os nenos e as nenas (do mesmo xeito que as persoas adultas) teñen a tendencia de coller o aire pola boca. De feito, é o que facemos todos e todas ao inchar un globo. Por iso, hai que corrixirlles e indicarlles que o aire se colle polo nariz mentres o noso ventre se se incha, e que logo deben exhalar engurrando os beizos coma se tivesen na boca ese globo de cores xigante.

martes, 24 de marzo de 2020

1º EP. SESIÓN 3


ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA  CURSO:1º E.P.
SESIÓN 3

•Propóñovos outra danza moi sinxela para aprender desde casa. Aínda que se baila en grupo podedes aprender os pasos de maneira individual e despois podémola bailar todos xuntos en clase, tamén a podedes bailar coa familia. A continuación tedes a ligazón coa danza, con ver o vídeo creo que é suficiente para aprendela.

15. PERA STUS PERA CAMPUS


Grecia
Disposición:
Báilase en roda colleitos con mans en  V e cun número indeterminado de persoas. (Fig. 1)
Introdución
: frase B.
Frase A
*Comp.1: A ritmo de negras e mirando ao centro: Separar o pé dereito e xuntar o pé esquerdo.
*Comp.2: O mesmo que comp. 1.
*Comp.3: Separar o pé esquerdo cara ao centro do círculo (póndose de lado) e xuntar a punta do pé dereito póndoa detrás.
*Comp.4: Levar o pé dereito á posición inicial (exterior do círculo e xuntar o pé esquierdo).
*Comp. 5-8: O mesmo que comp. 1 a 4. Repítese todo.
Frase B
*Comp. 9: Elévanse os brazos á vez que se salta, recaendo o peso do corpo sobre o pé dereito que queda detrás do esquerdo, que se cruza por diante(Fig.2))
*Comp.10: O mesmo que comp. 9, pero levando agora o peso sobre o pé esquerdo.
*Comp.11-12: Dous pasos cara á dereita e mirando nesa dirección. Os brazos baixados. Comézase co pé esquerdo por diante do dereito, paso e logo pordetrás.
*Comp. 13-16: O mesmo que comp. 9-12




•DESPRAZAMENTOS:
Soldado: camiñar coma se estivésemos desfilando, coordinando perna dereita-brazo esquerdo adiante e perna esquerda-brazo dereito atrás. Coordinación brazo-perna contraria diante, brazo-perna contraria atrás.





Tambor: camiñando, levantando os xeonllos alternativamente, e tocando o xeonllo dereito coa man esquerda e viceversa.
                                                      




Pé manco: primeiro cunha perna e despois coa outra.




EQUILIBRIOS:
Cun saquiño na cabeza (podemos usar un pano dobrado, un moedeiro cun pouco de papel dentro...) realizamos os seguintes exercicios sen que caia, se  nos cae volvémolo a colocar na cabeza e continuamos
1.  movo os brazos arriba e abaixo varias veces
2.   levanto unha perna e despois a outra varias veces
3.   agáchome até me por de cuclillas e tocar o chan coas 2 mans e levántome
4.  agáchome até me por de xeonllos e levántome
5.   agáchome até sentarme no chan e levántome
6.  de pé, dou unha volta completa, primeiro cara a un lado e despois cara ao outro
7.  camiño sen que me caia

O AGOCHO INGLÉS, sen mover as mans e os pés. Estaría ben, para rematar, que xogásedes a este xogo coa familia






domingo, 22 de marzo de 2020

PSICOMOTRICIDADE 2




DESPRAZAMENTOS
     Soldado: camiñar coma  se estivesemos desfilando , coordinando perna dereita- brazo esquerdo adiante  e  perna esquerda-brazo dereito atrás. Coordinación  brazo-perna contraria diante, brazo-perna contraria atrás.



    Tambor: camiñando, levantando os xeonllos alternativamente, e tocando o xeonllo dereito coa man esquerda e viceversa.




EQUILIBRIOS
     Ladrillo: con un libro ou similar, o máis parecido posible a un ladrillo:
1.1            Subo e baixo cara a  adiante


1.2           Subo e baixo cara a atrás
1.3           Subo e baixo polos lados
1.4           De pé, enriba do ladrillo cos brazos en cruz, quieto, ata que aguante sen moverme.



1.5           Igual, pero poño o pé dereito sobre o esquerdo.
1.6           Igual, pero poño o pé esquerdo sobre o dereito.

HABILIDADE MANUAL
     Meter canicas nunha botella: utilizando os dedos polgar e índice, facendo unha pinza. Este exercicio de habilidade manual o poden facer facilmente, se non tendes canicas utilizade boliñas de papel. MOI IMPORTANTE, FACELO COA MAN DEREITA E COA ESQUERDA.
Pódese facer tamén introducindo moedas nunha hucha.
    Pases con pelota rodando polo cha.







EQ. VESTIBULAR
1.      Xiros, de pé, cara á dereita cos brazos en cruz, dúas voltas, paro, xiros cara á  esquerda.
2.     Croqueta: tombado xirar todo o corpo como un rodete

RESPIRACIÓN
O xogo da serpe
Deben pór as súas manitas no abdome e centrarse nas ordes que imos darlles.
A continuación, deberán coller aire en profundidade polo nariz durante 4 segundos (podemos contar o tempo por elas e eles) notando a súa vez como se inchan os seus ventres.
Despois, deben deixar ir ese aire mentres fan o son da serpe, un siseo sonoro que debe durar todo o que elas e eles poidan.

OS NENOS E AS NENAS DESFRUTAN CO MOVEMENTO




1º E.P. SESIÓN 2



HABILIDADES BÁSICAS
No seguinte enlace hai un vídeo onde  aparece un circuíto sobre habilidades básicas. A maioría destes exercicios se poden realizar na casa e son moi similares aos que practicamos nas nosas clases.  Pídovos que vexades o vídeo e que leadas as explicacións que detallo a continuación antes de iniciar a sesión:
https://www.youtube.com/watch?v=JwINt1SbvKs&feature=youtu.be


  1.      Reptar: este exercicio o facemos moito na clase, fixádevos como é a coordinación no vídeo, é moi importante que movan alternativamente ambas pernas e brazos. Hai alumnado que ten tendencia a utilizar unicamente un lado, ten que utilizar ambos. Este exercicio o podemos facer como aparece no vídeo conducindo unha pelota ou reptar sen conducir nada.
  2.   Gatear:  este exercicio o podemos facer como aparece no vídeo conducindo unha pelota ou soamente gatear, cara adiante e cara atrás
  3.  As volteretas cara adiante e cara atrás prefiro que NON as fagan na casa porque hai que ensinar a técnica correcta e facer axudas.
  4. Subir e baixar polas espalderas obviamente non o poden facer na casa.
  5. A croqueta: tombado xirar todo o corpo como aparece no vídeo.
  6.  Bote: se tendes pelota na casa poden practicar o bote coa man dereita e a esquerda. é moi importante que usen as dúas mans.                 
  7. Oito infinito: para traballar ambos campos visuais, o exercicio parte do punto medio coa man esquerda en dirección contraria as agullas do reloxo para activar o hemisferio dereito e viceversa. Os ollos seguen o movemento e a cabeza mantense fixa.  AÍNDA QUE ESTE EXERCICIO NON O FIXEMOS NA AULA É MOI RECOMENDABLE PARA FACER NA CASA
  8. Zancos: non se pode realizar na casA
  9.  Camiñar por riba dunha corda: se non tendes corda na casa podedes utilizar un cable, un cinto... o importante é que os dous pés vaian por riba da corda.
  10.  Xiro lateral enriba dun banco: se tendes unha superficie similar na casa o poden facer, se non que faga xiros de pé, cara a un lado e cara ao outro.
  11. Meter bolas nunha botella: este exercicio de habilidade manual o poden facer facilmente, se non tendes canicas utilizade boliñas de papel. MOI IMPORTANTE, FACELO COA MAN DEREITA E COA ESQUERDA.
  12.  Saltar a corda. Se temos corda na casa é un exercicio moi bo para traballar a coordinación. Podemos saltar movendo a corda cara a adiante e cara a atrás.
  13.  Malabares: (tal e como aparecen no vídeo) so precisamos dúas pelotas pequenas ou bolas de papel.
  14. Conducir unha pelota cos pés: podemos facer un pequeno circuíto por onde teñan que conducir o balón con cartóns de leite ou botellas de auga. É moi importante que utilicen ambos pés, dereito e esquerdo.



IREI MANDANDO MÁIS ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA.
 SERÍA BO QUE FIXESEN ESTES EXERCICIOS TODOS OS DÍAS.