HABILIDADES
BÁSICAS
No seguinte enlace hai un vídeo onde aparece un circuíto sobre habilidades
básicas. A maioría destes exercicios se poden realizar na casa e son moi
similares aos que practicamos nas nosas clases.
Pídovos que vexades o vídeo e que leadas as explicacións que detallo a
continuación antes de iniciar a sesión:
https://www.youtube.com/watch?v=JwINt1SbvKs&feature=youtu.be
- Reptar: este exercicio o facemos moito na clase, fixádevos como é a coordinación no vídeo, é moi importante que movan alternativamente ambas pernas e brazos. Hai alumnado que ten tendencia a utilizar unicamente un lado, ten que utilizar ambos. Este exercicio o podemos facer como aparece no vídeo conducindo unha pelota ou reptar sen conducir nada.
- Gatear: este exercicio o podemos facer como aparece no vídeo conducindo unha pelota ou soamente gatear, cara adiante e cara atrás
- As volteretas cara adiante e cara atrás prefiro que NON as fagan na casa porque hai que ensinar a técnica correcta e facer axudas.
- Subir e baixar polas espalderas obviamente non o poden facer na casa.
- A croqueta: tombado xirar todo o corpo como aparece no vídeo.
- Bote: se tendes pelota na casa poden practicar o bote coa man dereita e a esquerda. é moi importante que usen as dúas mans.
- Oito infinito: para traballar ambos campos visuais, o exercicio parte do punto medio coa man esquerda en dirección contraria as agullas do reloxo para activar o hemisferio dereito e viceversa. Os ollos seguen o movemento e a cabeza mantense fixa. AÍNDA QUE ESTE EXERCICIO NON O FIXEMOS NA AULA É MOI RECOMENDABLE PARA FACER NA CASA
- Zancos: non se pode realizar na casA
- Camiñar por riba dunha corda: se non tendes corda na casa podedes utilizar un cable, un cinto... o importante é que os dous pés vaian por riba da corda.
- Xiro lateral enriba dun banco: se tendes unha superficie similar na casa o poden facer, se non que faga xiros de pé, cara a un lado e cara ao outro.
- Meter bolas nunha botella: este exercicio de habilidade manual o poden facer facilmente, se non tendes canicas utilizade boliñas de papel. MOI IMPORTANTE, FACELO COA MAN DEREITA E COA ESQUERDA.
- Saltar a corda. Se temos corda na casa é un exercicio moi bo para traballar a coordinación. Podemos saltar movendo a corda cara a adiante e cara a atrás.
- Malabares: (tal e como aparecen no vídeo) so precisamos dúas pelotas pequenas ou bolas de papel.
- Conducir unha pelota cos pés: podemos facer un pequeno circuíto por onde teñan que conducir o balón con cartóns de leite ou botellas de auga. É moi importante que utilicen ambos pés, dereito e esquerdo.
IREI MANDANDO MÁIS ACTIVIDADES
PARA FACER NA CASA.
SERÍA BO QUE FIXESEN ESTES EXERCICIOS TODOS OS DÍAS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario