ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA
CURSO:1º E.P.
→Dentro do
bloque de contidos 4, as “Actividades físicas artístico expresivas”, estamos
traballando danzas sinxelas representativas da cultura galega e doutras
culturas. Por isto remítovos un enlace
onde aparece a danza “Siete saltos” e que poden practicar na casa:
SETE
SALTOS
Dinamarca
Disposición:
: A danza báilase en círculo (fig. 6) por un número ilimitado de persoas, e
collidas
da man (agarre en “V”).
Introdución
:
tres golpes
Frase A
*Comp.
1-4: Danse 8 pasos saltados cara á dereita e comenzando co pé dereito.
*Comp.
5-8: Danse 8 pasos saltados, pero cara á esquerda. No último quédanse mirando cara ao centro.
Frase B
Nesta parte vanse ir acumulando os xestos:
1: Elévase o pé esquerdo (fig. 1), logo o dereito, en equilibrio.
2: Elévase o pé esquerdo, logo o dereito. Axeónllanse coa perna
esquerda.(fig.
2)
3: Axeónllanse coa pierna dereita.(fig. 3)
4: Apóiase o cóbado esquerdo no chan.
5: Apóiase o cóbado dereito no chan (fig. 4).
6: Apóiase o nariz no chan.
→Tamén estamos traballando a representación de personaxes e situacións,
mediante o corpo e o movemento con desinhibición e espontaneidade. A
continuación propoño unha serie de actividades para traballar desde a casa que
precisan un pouco de colaboración.
- 1.Que practiquen diante dun espello distintas expresións: triste, ledo,
aburrido, pensativo, preocupado… e despois que as realicen diante de “alguén”
para que as adiviñe.
2. Que o alumno ou a alumna represente distintas profesións, sen falar, con xestos e movementos, primeiro diante dun espello e despois con “alguén” para que o adiviñe.
2. Que o alumno ou a alumna represente distintas profesións, sen falar, con xestos e movementos, primeiro diante dun espello e despois con “alguén” para que o adiviñe.
3. Podemos xogar ás películas tamén.
→Para rematar a sesión o seguinte exercicio respiratorio:
Respirando como
os elefantes
Os
nenos e as nenas deben estar de pé e coas pernas lixeiramente separadas.
Indicarémoslles
que se van a converter en elefantes e que van respirar como eles.
Deben
coller aire polo nariz de forma profunda e cando o fagan, levantarán os seus
brazos coma se estes fosen a trompa do animal, tentando a súa vez que o abdome
se inche.
A
continuación, é momento de exhalar, para iso deben facelo pola boca de forma
sonora e baixando os brazos mentres se inclinan un pouco levando a trompa do elefante
cara a abaixo.
Nª repeticións: 5
XA COÑECEN A DANZA E A RESPIRACIÓN DOS ELEFANTES.
No hay comentarios:
Publicar un comentario