PSICOMOTRICIDADE 1
No seguinte
enlace hai un vídeo onde aparece un circuíto no que se traballa o equilibrio, a coordinación, habilidades manuais,
desprazamentos... A maioría destes exercicios pódense realizar na casa e son
moi similares aos que practicamos na aula. Pídovos que vexades o vídeo e que leades as
explicacións que detallo a continuación:
- Camiñando por encima dunha corda: se non tendes corda na casa podedes utilizar un cable, un cinto... o importante é que os dous pés vaian por riba da corda.
- Enroscar o tapón dun cartón de leite: este exercicio de habilidade manual non o facemos na aula, pero é moi bo para traballar a habilidade manual . MOI IMPORTE FACELO COA MAN DEREITA E A ESQUERDA, que é máis difícil.
- Gatear: o facemos na clase e é un exercicio moi bo de coordinación e forza.
- Xiro lateral enriba dun banco: se tendes unha superficie similar na casa o poden facer, se non que faga xiros de pé, cara un lado e cara o outro
- Reptar: este exercicio o facemos moito na clase, fixádevos como é a coordinación no vídeo, é moi importante que movan alternativamente ambas pernas e brazos. Hai alumnado que ten tendencia a utilizar unicamente un lado, ten que utilizar ambos
- Facer nós cunha corda: podedes usar un cordón calquera e un actividade de habilidade manual que tamén traballamos na aula. O alumnado de 3 anos aínda non o fixo pero pode animarse a intentalo.
- Xogos de palmas: o que tendes no vídeo e moi sinxelo, o importante e que o alumnado siga unha estrutura rítmica sinxela sen equivocarse. Se coñecedes outros xogos deste estilo, ensinádellos, e ademais de xogar cos vosos fillos e coas vosas fillas estades favorecendo o seu desenvolvemento neuromotor.
- Desprazamento lateral.
- O movemento no que apoian a cabeza no colchón prefiro que non o fagades na casa, todo movemento no que haxa que mobilizar o pescozo quero estar eu diante para facer as axudas. O mesmo cos volteos cara adiante ou cara a atrás, prefiro que non os fagan na casa porque hai que ensinar a técnica correcta e facer axudas.
IREI
MANDANDO MÁIS ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA.
SERÍA BO QUE FIXESEN ESTES
EXERCICIOS TODOS OS DÍAS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario