DESPRAZAMENTOS
Soldado: camiñar coma
se estivesemos desfilando , coordinando perna dereita- brazo esquerdo
adiante e perna esquerda-brazo dereito atrás.
Coordinación brazo-perna contraria
diante, brazo-perna contraria atrás.
Tambor: camiñando,
levantando os xeonllos alternativamente, e tocando o xeonllo dereito coa man
esquerda e viceversa.
EQUILIBRIOS
Ladrillo: con un libro ou similar, o máis parecido
posible a un ladrillo:
1.2
Subo e baixo cara a atrás
1.3
Subo e baixo polos lados
1.5
Igual, pero poño o pé dereito sobre o esquerdo.
1.6
Igual, pero poño o pé esquerdo sobre o dereito.
HABILIDADE
MANUAL
Meter canicas nunha botella: utilizando os dedos polgar e
índice, facendo unha pinza. Este exercicio de habilidade manual o poden facer
facilmente, se non tendes canicas utilizade boliñas de papel. MOI IMPORTANTE,
FACELO COA MAN DEREITA E COA ESQUERDA.
Pódese facer tamén introducindo moedas nunha hucha.
EQ. VESTIBULAR
1.
Xiros, de pé, cara á
dereita cos brazos en cruz, dúas voltas, paro, xiros cara á esquerda.
2.
Croqueta: tombado xirar todo o corpo como un rodete
RESPIRACIÓN
O xogo da serpe
Deben pór as súas manitas no abdome e centrarse
nas ordes que imos darlles.
A continuación, deberán coller aire en
profundidade polo nariz durante 4 segundos (podemos contar o tempo por elas e eles)
notando a súa vez como se inchan os seus ventres.
Despois, deben deixar ir ese aire mentres fan o
son da serpe, un siseo sonoro que debe durar todo o que elas e eles poidan.
OS NENOS E AS NENAS DESFRUTAN CO
MOVEMENTO
No hay comentarios:
Publicar un comentario