ÁREA DE EDUCACIÓN
FÍSICA CURSO:1º E.P.
SESIÓN 3
•Propóñovos outra danza moi sinxela
para aprender desde casa. Aínda que se baila en grupo podedes aprender os pasos
de maneira individual e despois podémola bailar todos xuntos en clase, tamén a
podedes bailar coa familia. A continuación tedes a ligazón coa danza, con ver o
vídeo creo que é suficiente para aprendela.
15. PERA STUS PERA CAMPUS
Grecia
Disposición:
Báilase en roda colleitos con mans en
V e cun número indeterminado de persoas. (Fig. 1)
Introdución
: frase B.
Frase A
*Comp.1: A ritmo de negras e mirando ao centro: Separar o pé dereito e
xuntar o pé esquerdo.
*Comp.2: O mesmo que comp. 1.
*Comp.3: Separar o pé esquerdo cara ao centro do círculo (póndose de lado)
e xuntar a punta do pé dereito póndoa detrás.
*Comp.4: Levar o pé dereito á posición inicial (exterior do círculo e
xuntar o pé esquierdo).
*Comp. 5-8: O mesmo que comp. 1 a 4. Repítese todo.
Frase B
*Comp. 9: Elévanse os brazos á vez que se salta, recaendo o peso do
corpo sobre o pé dereito que queda detrás do esquerdo, que se cruza por
diante(Fig.2))
*Comp.10: O mesmo que comp. 9, pero levando agora o peso sobre o pé
esquerdo.
*Comp.11-12: Dous pasos cara á dereita e mirando nesa dirección. Os
brazos baixados. Comézase co pé esquerdo por diante do dereito, paso e logo
pordetrás.
*Comp. 13-16: O mesmo que comp. 9-12
•DESPRAZAMENTOS:
Soldado: camiñar coma se
estivésemos desfilando, coordinando perna dereita-brazo esquerdo adiante e
perna esquerda-brazo dereito atrás. Coordinación brazo-perna contraria diante,
brazo-perna contraria atrás.
Tambor: camiñando,
levantando os xeonllos alternativamente, e tocando o xeonllo dereito coa man
esquerda e viceversa.
•EQUILIBRIOS:
Cun
saquiño na cabeza (podemos usar un pano dobrado, un moedeiro cun pouco de papel
dentro...) realizamos os seguintes exercicios sen que caia, se nos cae volvémolo a colocar na cabeza e
continuamos
1. movo os brazos
arriba e abaixo varias veces
2. levanto unha perna
e despois a outra varias veces
3. agáchome até me por de cuclillas e tocar o chan coas 2 mans e levántome
4. agáchome até me por de xeonllos e levántome
5. agáchome até
sentarme no chan e levántome
6. de pé, dou unha
volta completa, primeiro cara a un lado e despois cara ao outro
7. camiño sen que me
caia
•O AGOCHO
INGLÉS, sen mover as mans e os pés. Estaría ben, para rematar, que
xogásedes a este xogo coa familia
No hay comentarios:
Publicar un comentario