PSICOMOTRICIDADE 3
DESPRAZAMENTOS
-Camiñar sobre as puntas dos pés
-Camiñar sobre os talóns dos pés
-Desprazarse saltando cos pés xuntos.
-Desprazarse co pé manco, primeiro cunha
perna e despois, cando me canso, coa outra.
( sería bo repetir os desprazamentos das
sesións anteriores: gabear, reptar, o tambor...)
LANZAMENTOS:
Podemos utilizar pelotas pequenas, unha
para cada man, se non temos poden ser de papel. O tamaño axeitado sería o dunha
pelota que agarran ben cunha soa man. Realizar os lanzamentos coas DÚAS MANS,
DEREITA E ESQUERDA:
-autolanzamentos:
lanzar e recoller a pelota coa mesma man, 1º a dereita e despois esquerda
-lanzar varias
veces a pelota a un obxecto situado no chan(pode ser encestar nun cubo), 1º coa dereita e despois coa esquerda
-lanzar varias
veces a pelota a un obxecto situado na parede(pode ser a unha andel situada a
altura dos ombreiros), 1º coa dereita
e despois coa esquerda
-lanzar varias
veces a pelota ata tocar o teito, primeiro coa dereita e despois coa esquerda
e intentamos collela coas dúas mans.
HABILIDADE MANUAL
Enredar unha corda ou similar:
ao
redor dun brazo primeiro, e despois do outro.
sentados,
ao redor dunha perna e despois da outra.
ao
redor das dúas pernas xuntas
ao
redor da corpo, pola cintura
ao
redor dun obxecto, coma o pau dunha escoba, a pata dunha mesa...
RESPIRACIÓN
Inchar un globo:
Agora explicarémoslles que o xogo
consiste en inchar un globo invisible, un globo de cores que debe ser moi moi
grande.
Para iso, deben coller aire polo nariz e despois
exhalalo imaxinando como se incha e como se vai facendo cada vez máis grande.
Neste exercicio os nenos e as nenas (do mesmo xeito
que as persoas adultas) teñen a tendencia de coller o aire pola boca. De feito, é o que
facemos todos e todas ao inchar un globo. Por iso, hai que corrixirlles e indicarlles
que o aire se colle polo nariz mentres o noso ventre se se incha, e que logo
deben exhalar engurrando os beizos coma se tivesen na boca ese globo de cores
xigante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario