DESPRAZAMENTOS
Repite todos estes desprazamentos
que xa coñeces:
Gabear: cara a adiante e cara a atrás
Reptar: como
as serpes
Sentado: cara a adiante e cara a atrás
Soldado:
Tambor
Pé manco
XOGOS DE COORDINACIÓN MANEXANDO OBXECTOS
Cunha
pelota de tenis ou similar (facer unha pelota con papeis por exemplo):
1. Autolanzamentos :
lanzar e coller a pelota coa mesma man, primeiro coa dereita e despois coa
esquerda
2. Dar voltas coa
pelota, ao redor de distintas partes do corpo, pasándoa dunha man a outra, como facemos na clase:
ao
redor dos nocellos
ao
redor dos xeonllos
ao
redor da cadeira
ao
redor da cintura
ao
redor do peito
ao
redor da cabeza
sen que nos caia ao chan
3. Lanza unha pelota
coa man por debaixo dunha perna e cóllea coa outra, hai que levantar un pouco a
perna para lanzar a pelota por debaixo da mesma e facelo primeiro cunha man e
despois coa outra. Se conseguimos facelo varias veces seguidas sería xenial.
4. Lanza a pelota
polas costas cunha man e recóllea coa
outra, por un lado e polo outro. Se conseguimos facelo varias veces seguidas
sería xenial.
XOGO DE EXPRESIÓN
CORPORAL
Nos desprazamos polo espazo imitando aos
seguintes animais con movementos e sons:
Aguia
Canguro
Elefante
Cabalo
Gato
Ra
Mono
Cangrexo
Crocodilo
Volvoreta
EXERCICIOS
RESPIRATORIOS
A
respiración do leopardo
Indicarémoslles
aos pequenos e ás pequenas que se poñan no chan a catro patas coma se fosen un leopardo.
Agora
deben coller aire polo nariz, notando como se incha o abdome e descende a
columna vertebral.
Agora
deben exhalar pola boca percibindo á súa vez como se baleira o abdome e as
costas elévase un pouquiño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario